De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente de construción dun cemiterio na parroquia de Liñares do termo municipal das Neves, lugar de Charrúas, tramitado por instancia da Asociación de Veciños de Santa María de Liñares, durante o prazo de vinte días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia. O expediente estará á disposición do público nas oficinas municipais, co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e, de ser o caso, presentar as alegacións e observacións que crea convenientes.
As Neves, 24 de outubro de 2013
Raúl Emilio Castro Rodríguez
Alcalde presidente