Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia das resolucións de varios recursos de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 15 de novembro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: recursos de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña).

Acto notificado: resolución.

Interesados:

Monte Veciñal da Mancomunidade dos Veciños de Dombrete, O Amenedo e Lousado.

José Rodríguez Peteiro

José María Sánchez López

Jaime López Rodríguez

Arturo Helio López Rodríguez

Pilar Rodríguez Calvo

Celia Fidalgo Santamarina

María del Carmen Vázquez Sánchez

Flora Rodríguez Pardo

Manuel Seijas Miraz

María Santamariña Martínez

Ángel Miragalla Sánchez

María Antonia Ares Abad

Jesús Vázquez López