Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución denominado Planta compacta de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para subministración en Rianxo (A Coruña), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2013/6-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural; e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

O 28.1.2008 esta dirección xeral ditou resolución pola cal se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa previa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Rianxo (A Coruña), que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 22.2.2008 e no Boletín Oficial da provincia do 15.2.2008.

Segundo esta autorización, a subministración de gas natural ao termo municipal de Rianxo realizarase mediante conexión nun punto de entrega da rede de alta presión A (APA) no propio municipio, situado na estrada CP-7202 nas proximidades da praia do Ribo, desde o cal partirá a rede de distribución en media presión B (MPB) cara ao núcleo urbano de Rianxo.

Obxecto da petición:

O obxecto da petición é a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución denominado Planta compacta de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para subministración en Rianxo (A Coruña).

Segundo consta no proxecto, a empresa Gas Galicia SDG, S.A. pretende realizar a gasificación desta poboación subministrando gas natural por medio dunha planta de GNL.

Descrición das instalacións:

A planta de GNL situarase na parcela de referencia catastral 5943802NH1254S0000FJ (polígono 59438, parcela 02) no Parque Empresarial de SEA, situada no norte do núcleo urbano de Rianxo.

Esta planta estará conformada por un depósito de almacenamento de GNL, unidade para descarga de cisternas, módulos de regasificación, regulación, medida, odorización e sistemas auxiliares para saída do gas natural, instalación contra incendios e instalación de control. As súas características xerais son as seguintes:

– Depósito de tipo vertical.

– Capacidade xeométrica de almacenamento: 60 m3.

– Capacidade de gasificación: 600 m3(N)/h.

– Presión de subministración de GN: 4 bar-400 mbar.

Termo municipal: a solicitude afecta o termo municipal de Rianxo, na provincia da Coruña.

Orzamento: douscentos setenta e un mil novecentos noventa e un euros con cincuenta céntimos (271.991,50 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, e poidan examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, planta 4ª, Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas