Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de novembro de 2013 pola que se notifica o período de proba aberto no expediente de reposición da legalidade urbanísitca IU2/56/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase a notificación do período de proba aberto no expediente de reposición da legalidade urbanística a Teresa Alonso Comesaña, en relación coas obras de construción dunha vivenda unifamiliar, unha edificación auxiliar, movementos de terra e muros de contención, no lugar da Carreira, parroquia de Cans, no termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística