Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as constitucións, modificacións, disolucións e cancelacións de varias sociedades agrarias de transformación.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación constituídas, modificadas, disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan:

A) Constitucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Revolta, SAT nº 1421 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social na Casanova, Noche, 27812 Vilalba (Lugo); obxecto social: explotación gandeira de vacún de leite; capital social: 4.000,00 euros; nº de socios: 6. A súa xunta reitora está integrada por: Manuel José Rodríguez Otero, presidente; Miguel Losada Ferreiro, secretario; Mª José Pérez Vázquez, Genoveva Losada Ferreiro, Iván Ferreiro Losada e David Rodríguez Novas, como vogais.

b) A Sociedade Agraria de Transformación San Martiño, SAT nº 1422 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo social na Casanova, Noche, 27812 Vilalba (Lugo); obxecto social: explotación gandeira de vacún de leite; capital social: 2.500,00 euros; nº de socios: 6. A súa xunta reitora está integrada por: Luis Lamas Losada, presidente; Pilar Lamas Laguela, secretaria; Mª Isabel Carreira Braña, Mª Isabel Lamas Losada, Pedro Losada Sanjurjo e Diego Rodríguez Lamas como vogais.

B) Modificacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Casamaro, SAT nº 906 XUGA, na asemblea xeral do 5 de agosto de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Natalio García Carral, presidente; Natalia García Martínez, secretaria; Jesusa Martínez Filgueira e Marcos García Martínez como vogais.

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a renovación dos cargos da Xunta Reitora se realizará cada seis anos, e a renovación parcial cada tres.

b) A Sociedade Agraria de Transformación San Antonio, SAT nº 1076 XUGA, na acta de asemblea do 14 de outubro de 2013, que ratifica a do 8 de xullo de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a alta do socio Antonio García Méndez. O socio Jaime Lorenzo Montero transmite ao pretendido novo socio a cantidade de 44 participacións, de forma que o capital social total non sofre variación.

Como consecuencia desta alta, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

José Manuel Quiroga Peteiro

174 títulos

104.577,48 € de capital social

Jaime Lorenzo Montero

130 títulos

78.132,60 € de capital social

Antonio Escariz Vázquez

174 títulos

104.577,48 € de capital social

José Antonio Paredes González

174 títulos

104.577,48 € de capital social

Jesús Alberto Buján Rodríguez

50 títulos

30.051,00 € de capital social

Antonio García Méndez

44 títulos

26.444,88 € de capital social

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por seis membros.

3. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar integrada por: José Antonio Paredes González, presidente; José Manuel Quiroga Peteiro, secretario; Antonio Escariz Vázquez, Jaime Lorenzo Montero, Jesús Alberto Buján Rodríguez e Antonio García Méndez, como vogais.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Sampaio, SAT nº 1140 XUGA, na asemblea xeral do 2 de setembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Alfonso Presas Bodaño, presidente; José Ramón Presas Bodaño, secretario; María Teresa Mouriño Sexto e María Dolores González Castro, como vogais.

d) A Sociedade Agraria de Transformación Enxido, SAT nº 754 XUGA, na asemblea xeral do 4 de setembro de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a modificación do artigo 11 do estatuto social, de forma que a renovación dos cargos da Xunta Reitora pase a ser cada 6 anos. A renovación parcial con proporcionalidade de cargos será cada tres anos.

2. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Javier González Iglesias, presidente; Pedro González Moreira, secretario; Manuel González Iglesias e Josefa Iglesias Pereiras, como vogais.

e) A Sociedade Agraria de Transformación Castro de San Gregorio, SAT nº 1029 XUGA, na asemblea xeral do 20 de agosto de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa da socia María Dolores Moure Conde, que transmite os 6 títulos que ten, de forma equitativa, entre Alberto Castro Moure e Manuel Alejandro Castro Moure.

Como consecuencia da baixa e transmisión de títulos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Manuel Castro Calvo

6 títulos

1.803,04 € de capital social

Manuel Alejandro Castro Moure

6 títulos

1.803,04 € de capital social

Alberto Castro Moure

6 títulos

1.803,04 € de capital social

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por tres membros.

3. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar integrada por: Manuel Castro Calvo, presidente; Manuel Alejandro Castro Moure, secretario; Alberto Castro Moure, como vogal.

f) A Sociedade Agraria de Transformación Ramos Alvite, SAT nº 1257 XUGA, na asemblea xeral do 10 de setembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Dolores Alvite París, presidenta; Secundino Ramos Freita, secretario; Marcos Ramos Alvite e Tania Ramos Alvite, como vogais.

g) A Sociedade Agraria de Transformación A Cruz, SAT nº 1016 XUGA, na asemblea xeral do 10 de setembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: José Ricardo Martínez Lama, presidente; Consuelo Vázquez Martínez, secretaria; José Antonio Rodríguez Vázquez, como vogal.

h) A Sociedade Agraria de Transformación Agosto Darriba, SAT nº 1160 XUGA, na asemblea xeral do 12 de setembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Antonio Darriba Darriba, presidente; Gloria Portela Seco, secretaria; Daniel Darriba Portela como vogal.

i) A Sociedade Agraria de Transformación A Veiga, SAT nº 1067 XUGA, na asemblea xeral do 6 de agosto de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a baixa do socio Ramón Fernández Fernández, que transmite a totalidade dos títulos que ten aos restantes socios.

Como consecuencia da baixa do dito socio e a transmisión do seus títulos, o capital social queda distribuído entre os socios da seguinte forma:

Marta López López

7.242 títulos

72.420,00 € de capital social

José López Franco

8.581 títulos

85.810,00 € de capital social

Víctor Melle López

8.355 títulos

83.550,00 € de capital social

Olga Rivas López

5.520 títulos

55.200,00 € de capital social

Amparo López Beltrán

6.632 títulos

66.320,00 € de capital social

Fernando López Díaz

5.293 títulos

52.930,00 € de capital social

José Joaquín Penela Arias

4.213 títulos

42.130,00 € de capital social

2. Modificar o artigo 11 do estatuto, tal e como consta na acta da asemblea, de forma que a Xunta Reitora pasa a estar formada por sete membros.

3. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar integrada por: Marta López López, presidenta; Víctor Melle Rivas, secretario; José López Franco, tesoureiro; Olga Rivas López, Amparo López Beltrán, Fernando López Díaz e José Joaquín Penela Arias, como vogais.

j) A Sociedade Agraria de Transformación Monte de Trabada, SAT nº 1233 XUGA, na asemblea xeral do 4 de agosto de 2013, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa voluntaria de dezasete socios da sociedade.

2. Aprobar a modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 1.312,00 euros e estará representado por 174 xustificantes nominativos de 8,00 euros cada un deles».

Ratificar os acordos tomados na acta de asemblea do 22 de agosto de 2010:

1. Aprobar a baixa voluntaria de Laminados Villapol, S.A. e de Marcelino García Marcos.

2. Modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 1.874,00 euros e estará representado por 230 xustificantes nominativos de 8,00 euros cada un deles».

Ratificar os acordos tomados na acta de asemblea do 12 de xuño de 2011:

1. Aprobar as baixas de María Riopedre Seivane, Concepción Rodríguez Barrera, Antonio Tenreiro Maseda e Trinidad Barcia Pousa.

Ratificar os acordos tomados na acta de asemblea do 15 de abril de 2012:

1. Aprobar a baixa de 49 socios da sociedade.

2. Aprobar a alta do pretendido socio Manuel Rey Villapol.

3. Excluír da ficha do socio José Ramón Fernández Álvarez os predios números 257 e 266 do polígono 3 da sociedade.

4. Modificación do artigo 2 do Estatuto Social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en 1.448,00 euros e estará representado por 181 xustificantes nominativos de 8,00 euros cada un deles».

5. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Manuel Villapol Valea, presidente; José Ramón Fernández Álvarez, secretario; Manuel Barata Villapol, Abel Barrera Sanjurjo, José Ramón Fernández Sobrado, José Rodríguez Vigo e Raúl Felpete Seivane, como vogais.

k) A Sociedade Agraria de Transformación Bonsai Flora, SAT nº 681 XUGA, na asemblea xeral do 23 de xullo de 2013, toma o seguinte acordo, que eleva a público mediante escritura notarial do 10 de outubro de 2013:

1. Aprobar a transformación de Bonsai Flora, SAT nº 681 XUGA, en Bonsai Flora, S.L.

2. Aprobar os novos estatutos sociais, o cesamento dos membros do Consello de Administración e o nomeamento de conselleiros e a distribución de cargos.

l) A Sociedade Agraria de Transformación Embutidos Lalinenses, SAT nº 884, na asemblea xeral do 20 de xuño de 2013, toma os seguintes acordos:

Ratificar os seguintes acordos elevados a públicos mediante escritura notarial do 31 de decembro de 2010, e na acta de asemblea da mesma data:

1. Aprobar por unanimidade a ampliación de capital da sociedade en 748.201,44 euros.

2. Modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en novecentos vinte e cinco mil cincocentos euros (925.500,00 €) e estará representado por catro xustificantes nominativos de douscentos trinta e un mil trescentos setenta e cinco euros (231.375,00 €) cada un».

Ratificar os seguintes acordos aprobados na asemblea do 27 de decembro de 2012:

1. Aprobar por unanimidade a redución de capital da sociedade en 425.000,00 euros.

2. Modificación do artigo 2 do estatuto social, que queda redactado da forma seguinte: «O capital social cífrase en cincocentos mil cincocentos euros (500.500,00 €) e estará representado por catro xustificantes nominativos de cento vinte e cinco mil cento vinte e cinco euros (125.125,00 €) cada un».

Como consecuencia da ampliación e redución de capital, este queda distribuído entre os socios do seguinte xeito:

Nilo López López

1 título

125.125,00 € de capital social

Alfonso López López

1 título

125.125,00 € de capital social

Adelaida Martínez Villamayor

1 título

125.125,00 € de capital social

Eva Celia Diéguez González

1 título

125.125,00 € de capital social

3. Aprobar a elección da nova xunta reitora que pasa a estar integrada por: Nilo López López, presidente; Eva Celia Diéguez González, secretaria; Adelaida Martínez Villamayor e Alfonso López López, como vogais.

m) A Sociedade Agraria de Transformación Casabella, SAT nº 1036 XUGA, na asemblea xeral do 23 de outubro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar a renovación dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Laureano Pérez Rego, presidente; Esperanza López García, secretaria; Úrsula Pérez López e Sixto Pérez López como vogais.

n) A Sociedade Agraria de Transformación Vila, SAT nº 905 XUGA, na asemblea xeral do 1 de xullo de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Modificar o artigo 11 do estatuto social, de forma que o período de renovación dos cargos da Xunta Reitora pasa a ser de 6 anos. A renovación parcial realízase cada tres anos.

2. Aprobar a elección dos cargos da Xunta Reitora que está integrada por: Abel Vila Souto, presidente; Luis Vila Castro, secretario; Josefa Mª Ángeles Souto López, Mª Carmen García García, como vogais.

C) Disolucións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación Casa de Bello, SAT nº 1056 XUGA, na asemblea xeral do 30 de agosto de 2013, que ratifica a do 22 de xullo de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: María Rosario Guerra Blanco, Jesús Fernando Ramos Guerra e Gemma Guerra Garea.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Os Ermitaños, SAT nº 1324 XUGA, na asemblea xeral do 31 de agosto de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: María Purificación Díaz Ferreiro, Armando Luis Parada Rodríguez, José Luis Díaz Pereiro, Rosa María Rodríguez Macía e Germán Vázquez Conde.

c) A Sociedade Agraria de Transformación Santa Eulalia de Moar, SAT nº 841 XUGA, na asemblea xeral do 13 de setembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por: Dolores Carnota Botana, Rosalía García Corral, María Isabel Vilaseco Verea e Ramón Sánchez Meijide.

D) Cancelacións:

a) A Sociedade Agraria de Transformación San Claudio, SAT nº 802 XUGA, na asemblea xeral do 2 de setembro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

b) A Sociedade Agraria de Transformación Graña de Sevil, SAT nº 929 XUGA, na asemblea xeral do 23 de outubro de 2013, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o balance final e solicitar a cancelación da SAT no Rexistro Xeral.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2013

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria