De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o trámite relativo á suspensión condicional que solicitou no seu día.
Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono 981 54 61 63).
Nº de expediente: PESAN1 2011/843-1.
Beneficiario: Andrés A. Viña Lojo.
NIF: 33270592B.
Enderezo: Argote, 48, Noia, A Coruña.
Trámite: resolución de remisión da sanción.
Prazo para presentar recurso de reposición: 1 mes.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2013
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar