Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de novembro de 2013 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU2/26/2013-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio da destinataria.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia, a María Santorum Rodríguez, no expediente núm. IU2/26/2013-R1, en relación ao recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 27 de agosto de 2013, da Subdirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da Dirección (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo), en relación coas obras de construción dunha vivenda e unha construción auxiliar, no lugar de Pedrouzos, Bendoiro, termo municipal de Lalín, provincia de Pontevedra.

O expediente mencionado encóntrase á disposición da interesada nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións que considere procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística