Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto para a contratación do servizo de xestión integral dos residuos xerados nos centros dependentes desta xerencia (AB-ASF1-13-012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2) Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3) Localidade e código postal: Ferrol 15405.

4) Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

5) Telefax: 981 33 45 51.

6) Correo electrónico: contratacion.subministracions.asf@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-13-012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de xestión integral dos residuos xerados nos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 6 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90520000-8.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

– Oferta económica: ata 50 puntos.

– Medios aportados e organización do servizo: ata 30 puntos.

– Calidade do servizo: ata 15 puntos.

– Melloras achegadas para a xestión do servizo: ata 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 319.090,90 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 122.727,27 €.

b) IVE: 12.272,73 €.

c) Importe total: 135.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso:

Grupo

Subgrupo

Categoría

R

5

B

S

4

B

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 30.12.2013.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2) Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3) Localidade e código postal: Ferrol 15405.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 8.11.2013.

12. Outras informacións: –.

Ferrol, 30 de outubro de 2013

P.D. (Orde do 5.7.2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol