Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o procedemento aberto, con tramitación urxente, para contratar o servizo de vixilancia nocturna na residencia de maiores Porta do Camiño de Santiago de Compostela e no centro de menores Ferrol I, en Ferrol (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

4º. Teléfono: 981 18 57 10.

5º. Fax: 881 88 12 50/981 18 57 01.

6º. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente nº 97/2013.

Servizo de vixilancia nocturna na residencia de maiores de Porta do Camiño en Santiago de Compostela e no centro de menores Ferrol I, en Ferrol (A Coruña).

c) División por lotes: dous lotes.

d) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2014.

e) Admisión de prórroga: o contrato poderá ser obxecto dunha prórroga de 12 meses, por mutuo acordo das partes antes da súa finalización.

f) CPA 2008: 80.10.12.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas na letra L) da folla de especificacións.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: cento un mil setecentos trinta e seis euros con corenta e cinco céntimos (101.736,45 euros). IVE (21 %): vinte e un mil trescentos sesenta e catro euros con sesenta e seis céntimos (21.364,66 euros). Importe total: cento vinte e tres mil cento un euros con once céntimos (123.101,11 euros).

Dividido por lotes:

Lote 1: importe neto: 53.545,50 euros. IVE (21 %): 11.244,56 euros. Importe total: 64.790,06 euros.

Lote 2: impote neto: 48.190,95 euros. IVE (21 %): 10.120,10 euros. Importe total: 58.311,05 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares, letra I) da folla de especificacións.

7. Presentación de ofertas e solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: a establecida no punto 6 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: rexistro xeral da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña.

2º. Domicilio: avda. Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña.

3º. Código postal e localidade: 15008 A Coruña.

Ou calquera das formas previstas no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. No caso de acabar o prazo en sábado, poderá presentarse no rexistro xeral do Edificio Administrativo Monelos (r/ Vicente Ferrer 2, 15008 A Coruña).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: avda. Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, C.C. Elviña. 15008 A Coruña.

b) Apertura de ofertas: ás 13.00 horas do oitavo día natural contado desde a finalización do prazo de presentación de propostas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 euros por liña).

10. Outras informacións: ver os pregos.

A Coruña, 12 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña