Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 28 de novembro de 2013 Páx. 46188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o cambio de domicilio social da Federación de Asociaciones Empresariales de Comercio de Muebles de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral presentouse certificación da acta do comité executivo da Federación de Asociaciones Empresariales de Comercio de Muebles de Galicia, onde se reflicte o acordo acadado o 8 de xullo de 2013, que consiste no cambio do domicilio social que pasa a ser na praza de José González Dopeso, nº 1, escaleira esquerda, 1º B, A Coruña.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social