Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 31 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se fai pública a decisión do 30 de outubro de 2013 de non someter o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación 8 do Concello de Arteixo ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Faise pública a decisión de non someter o Plan especial de reforma interior da unidade de actuación 8 do Concello de Arteixo ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da dita lei.

Esta decisión pódese consultar no enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave introducindo o código 1583/2013.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental