Faise pública a decisión de non someter o Plan especial de infraestruturas de saneamento na parroquia de Landoi, do Concello de Cariño, ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, en cumprimento do disposto no artigo 4 da dita lei.
Esta decisión pódese consultar no enderezo da internet:
http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1585/2013.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2013
Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental