Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2013 pola que se anuncia a contratación do acordo marco, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para seleccionar auditores privados que colaboren coa Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia na realización de controis financeiros de operacións financiadas por programas operativos de fondos estruturais (Feder, FSE, P.O. adaptabilidade e emprego) e do Fondo Europeo da Pesca, correspondente ao período de programación 2007-2013.

A Consellería de Facenda anuncia a contratación do acordo marco, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para seleccionar auditores privados que colaboren coa Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia na realización de controis financeiros de operacións financiadas por programas operativos de fondos estruturais (Feder, FSE, P.O. adaptabilidade e emprego) e do Fondo Europeo da Pesca correspondente ao período de programación 2007-2013.

1. Poder adxudicador:

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: 04/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: a selección de empresarios, a fixación do prezo unitario máximo por operación que se deba verificar e o establecemento das bases que rexerán os contratos de servizos que deriven deste acordo marco.

c) Período de vixencia: será de dous anos contados a partir do día seguinte ao da sinatura do acordo marco. Pódese prorrogar dous anos como máximo.

d) CPV: 79212000-3.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación:

– Oferta económica: 60 puntos.

– Prazo de execución: 40 puntos.

4. Valor estimado do acordo marco:

Un millón catrocentos setenta e oito mil setecentos setenta e cinco euros con trinta e seis céntimos (1.478.775,36 €), IVE excluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Xestión Económica, da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19820

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as dezanove horas (19.00) do 16 de decembro de 2013.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admitirán.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións farase pública no perfil do contratante a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre B.

10. Data do envío do anuncio ao DOUE: 5 de novembro de 2013.

11. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

12. Perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19820

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda