De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo do Instituto Galego de Consumo de Pontevedra, con enderezo na rúa Paseo de Cervantes, 7-1º, edificio Las Palmeras de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 8 de novembro de 2013
Luis Boullosa Nores
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra
ANEXO
Expediente: 36R001-29-2013.
Interesado: Guanmin Wang (bazar chinés).
CIF: X-43211779-P.
Acto notificado: acordo de inicio de expediente.