Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 27 de novembro de 2013 Páx. 46079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 7 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores LU-79/2012 e LU-61/2012.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse, na sede da Área Provincial do IGVS, en Lugo, Edificio Administrativo sito na avda. Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 7 de novembro de 2013

José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S. LU-79/2012.

Interesada: Taida Quiroga Santos.

Último enderezo conocido: S. Eufrasio, 18-20, 3º C, Sarria.

Acto de notificación: resolución do expediente sancionador.

Expediente: E.S. LU-61/2012.

Interesado: Álvaro Prieto Fernández.

Último enderezo conocido: Rinconada de S. Francisco, 3-1º A, Ribadeo.

Acto de notificación: proposta de resolución do expediente sancionador.