Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente PE401B 2013/391-1.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e despois de intentada a notificación persoal dúas veces a través do servizo de Correos, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura de coordinación da Área do Mar situada na rúa Ramón y Cajal, nº 2, andar 5º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 11 de novembro de 2013

P.D. de sinatura (Resolución do xefe territorial do 24.7.2013)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar da Coruña

ANEXO

Expediente: PE401B 2013/391-1.

Interesado: Gustavo A. Rodríguez Rodríguez.

Representante: Nayra García Barreiro.

Enderezo: r/ Derechos Humanos, nº 11, baixo B, 15174 Culleredo.

Acto notificado: requirimento de emenda de defectos na solicitude.