Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 5 de novembro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes denominados Redondeliño e Borraxeiros, solicitada a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tortoreos, da parroquia de Tortoreos, no concello das Neves, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Vecinales en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar el día 1.4.2013, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común dos seguintes montes:

Concello: As Neves.

Parroquia: Tortoreos.

Nome do monte: Redondeliño.

Polígono 13. Parcelas: 369, 372 e 373.

Cabida: 1.878 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: Xosé Antonio Rodríguez.

Sur: Xosé Antonio Gil Moreira.

Leste: estrada asfaltada (PO-4203).

Oeste: pista asfaltada.

Nome do monte: Borraxeiros.

Polígono 13. Parcela: 364.

Cabida: 1.504 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Norte: Saturnino Rodríguez Álvarez.

Sur: Alsira Díaz Rodríguez.

Leste: estrada asfaltada (PO-4203).

Oeste: estrada asfaltada.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para os efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, así como presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 5 de novembro de 2013

Víctor Abelleira Argibay
Instrutor