Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45650

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2013 pola que se modifica a Resolución do 13 de setembro de 2013, pola que se aproba o Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

A Resolución do 13 de setembro de 2013 pola que se aproba o Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013 (DOG nº 186, do 30 de setembro de 2013), establece o 25 de novembro de 2013 como data en que debe estar executado e xustificado correctamente o investimento correspondente á anualidade 2013.

Debido á concorrencia no tempo de cinco convocatorias e ao gran número de expedientes manexados, é previsible que a resolución da convocatoria teña lugar moi preto da data prevista de xustificación.

Co obxecto de permitir unha tramitación administrativa axeitada e de non causar un prexuízo aos beneficiarios das axudas,

RESOLVO:

Artigo único

Modificación da Resolución do 13 de setembro de 2013 pola que se aproba o Plan Marco Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

O número 2 do artigo 5 queda redactado do seguinte xeito:

«O 10 de decembro de 2013 deberá estar executado e xustificado correctamente o investimento correspondente á anualidade 2013. O feito de non xustificar correctamente esta anualidade suporá na perda do dereito á axuda da dita anualidade».

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2013

P.D. (DOG nº 148, do 5 de agosto de 2013)
Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural