Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 31 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican varias resolucións.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados/as, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións, contra as cales se poderá interpoñer reclamación previa á vía da xurisdición social, ante esta xefatura territorial, dentro dos 30 días seguintes ao da data desta publicación, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 31 de outubro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Asunción López López.

DNI: 35860211Z.

Número de expediente: 36/00175-X/02.

Notificación: resolución de suspensión do dereito á prestación social.

Nome e apelidos: Asunción López López.

DNI: 35860211Z.

Número de expediente: 36/00175-X/02.

Notificación: notificación de cobramento indebido pendente de reintegrar.

Nome e apelidos: José Antonio Villa Suárez.

DNI: 76895539F.

Número de expediente: 36/000079-I/12.

Notificación: resolución de desistencia.