Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Monterroso (expediente IN407A 2013/26-2, 8110 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Casa Roke, S.C.

Domicilio social: Ligonde, nº 26, 27568 Monterroso, Lugo.

Denominación: LMTA, CTI e RBTA para granxa en Ligonde.

Situación: concello de Monterroso.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV con orixe nun apoio existente tipo HV-15-630 da LMT PAL 803 Guntín 3 e final no CTI Granxa Agrícola (proxectado), cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo LA-56.

– CT intemperie sobre apoio de formigón, cunha potencia proxectada de 100 kVA, unha potencia inicial de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– RBTA con orixe no CT proxectado e final na CXP da parcela que se vai electrificar en condutor tipo RZ-50, cunha lonxitude de 80 metros tensados sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 29 de outubro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo