Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 22 de novembro de 2013 Páx. 45607

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de información pública sobre construción dunha explotación caprina de cen cabezas con obradoiro artesán anexo para fabricación de iogur e queixo ecolóxicos na Lagoa.

A Cabuxa da Lagoa, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción dunha explotación caprina de cen cabezas con obradoiro artesán anexo para fabricación de iogur e queixo ecolóxicos, situada na Lagoa, deste termo municipal.

En cumprimento do establecido no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir da data da última publicación no DOG ou no BOP para que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións que xulguen oportunas.

Mondariz, 31 de outubro de 2013

Julio Alén Montes
Alcalde