Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2013 pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación de novas funcionalidades no sistema corporativo de información de nómina e recursos humanos, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2013-027.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación de novas funcionalidades no sistema corporativo de información de nómina e recursos humanos, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

c) CPV: 72212000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

1) Diario Oficial de Galicia: 8.8.2013.

2) Boletín Oficial del Estado: 1.8.2013.

3) Data de envío do anuncio ao DOUE: 12.7.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 479.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 479.000 euros.

b) Importe total: 579.590 euros.

6. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 % con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro, da Comisión, e no artigo 1, números 1) e 2), do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro, da Comisión.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11.10.2013.

b) Data de formalización do contrato: 4.11.2013.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 431.100 euros. Importe total: 521.631 euros, distribuídos nas seguintes anualidades:

Exercicio 2013: 208.652,40 €.

Exercicio 2014: 312.978,60 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa una vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable