1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Número de expediente: 2013-025.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo consistente na análise, deseño, desenvolvemento e implantación de novas funcionalidades no sistema de información contable e orzamentario Xumco2, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).
c) CPV: 72212000-4.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de la Unión Europea.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
1) Diario Oficial de Galicia: 8.8.2013.
2) Boletín Oficial del Estado: 1.8.2013.
3) Data de envío do anuncio ao DOUE: 12.7.2013.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 410.000 euros.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 410.000 euros.
b) Importe total: 496.100 euros.
6. Financiamento.
Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 % con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, e no artigo 1, númros 1) e 2), do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro, da Comisión.
7. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 11.10.2013.
b) Data de formalización do contrato: 4.11.2013.
c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.
d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 369.000 euros. Importe total: 446.490 euros, distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2013: 178.596 €.
Exercicio 2014: 267.894 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2013
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable