Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45402

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (468/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 468/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carmen Otero Rial contra a empresa Taller de Confección Artextil, S.L., sobre ordinario, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 486/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 468/2011.

Demandante: Carmen Otero Rial.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandado: Taller de Confección Artextil, S.L.

Letrado:

Sentenza 486/2013.

A Coruña, 7 de agosto de 2013.

Resolución:

1º. Estimo a demanda formulada por Carmen Otero Rial contra a empresa Taller de Confección Artextil, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle á primeira a suma de 10.441,83 euros en concepto de salarios debidos e indemnización por extinción de relación laboral que lle debe.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Taller de Confección Artextil, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de outubro de 2013

A secretaria xudicial