Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45100

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prórroga do II Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Visto o acordo subscrito pola Comisión Negociadora do II Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, con data do 31 de outubro de 2013, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Unha vez iniciadas as negociacións do III Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo e segundo o previsto no artigo 86 do Estatuto dos traballadores, a Comisión Negociadora acorda expresamente a prórroga do II Convenio colectivo (publicado no DOG do 27 de xullo de 2007) ata o 31 de decembro de 2014. No caso de que nesa data a mesa de negociación acadara un preacordo, procederase a unha prórroga expresa ata a publicación no DOG do III Convenio colectivo que substituirá o II Convenio colectivo.

As partes negociadoras manifestan a súa intención común de negociar de forma leal e co ánimo de chegar a acordo, de xeito que o 31 de outubro do ano en curso se poda contar cun documento consensuado do III Convenio colectivo do PAS laboral da Universidade de Vigo.