Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a exposición pública o expediente de modificación do couto troiteiro de Souto de Vea, no concello da Estrada.

Segundo o disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais de Galicia, a Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra somete a información pública o expediente de modificación do couto troiteiro de Souto de Vea.

A modificación consiste en:

– O aumento da lonxitude do couto nun quilómetro, polo que se move augas abaixo o seu límite inferior, que pasa da ponte de Riba de Vea á ponte de Poceños.

– O incremento do número de días hábiles de pesca, que pasan de tres a cinco (martes, mércores, venres, sábados e domingos).

O expediente está á disposición de todos aqueles que puideren ter interese nel no Servizo de Conservación da Natureza, na avenida Fernández Ladreda, 43, 2º, Pontevedra, durante un prazo de 15 días a partir da data de publicación deste anuncio.

Pontevedra, 4 de novembro de 2013

José Luis Díez Yánez
Xefe territorial de Pontevedra