Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013129TA-OU incoado por infracción en materia sanitaria.

Con data do 20 de setembro de 2013, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2013129TA-OU incoado na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Sanidade a Cafetería Vinoteca As Laxas, S.C.; CIF J32438459, con domicilio na rúa Irmáns Moreno, 23, 32600 Verín (Ourense).

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Cafetería Vinoteca As Laxas, S.C.; CIF J32438459, con domicilio na rúa Irmáns Moreno, 23, 32600 Verín (Ourense), o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 23 de outubro de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013129TA-OU.

Denunciada: Cafetería Vinoteca As Laxas, S.C.

Documento de identificación: CIF J32438459.

Último enderezo coñecido: calle Irmáns Moreno, 23, 32600 Verín (Ourense).

Feitos imputados: infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.2.d) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve/grave.

Sanción proposta: seiscentos cincuenta e un euros (651,00 €).