Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 45065

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de convocatoria de praza de funcionario de carreira (policía local).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 208, do 29 de outubro de 2013, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de funcionario de carreira do Concello de Vilaboa, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase de policía local escala básica, para cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Vilaboa, 29 de outubro de 2013

José Luis Poceiro Martínez
Alcalde