Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 44919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (292/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución número 292/12, seguida neste xulgado por instancia de José María Rodríguez Lorenzo contra Aurelio Moledo Laranga, Maderas Moledo, S.L., Pedra Sartaña Noya, S.L., Maderas Brandía, S.L., Maderas San Xusto, S.L. e Ansa Moledo, S.L., ditouse o día 31 de xullo de 2013 decreto de insolvencia que é firme no día da data no sentido de declarar o executado Aurelio Moledo Laranga en situación de insolvencia total, por importe de 5.700 euros en concepto de principal, máis outros 570 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional, o que se fai público conforme o previsto no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2013

A secretaria xudicial