Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 20 de novembro de 2013 Páx. 45052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación do servizo de vixilancia e seguridade no Hospital da Costa, Burela, Lugo (AB-EIL2-13-005).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación do Hospital da Costa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Departamento de Contratación.

2. Enderezo: r/ Rafael Vior, s/n.

3. Localidade e código postal: 27880 Burela, Lugo.

4. Teléfono: 982 58 99 56.

5. Fax: 982 58 99 86.

6. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: AB-EIL2-13-005.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade no Hospital da Costa.

c) División por lotes e número: un único lote.

d) Lugar de execución: Hospital da Costa.

e) Prazo de execución: 24 meses desde a data de entrada en vigor.

f) Admisión de prórroga: ver pregos.

g) CPV: 79710000-4.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación:

Criterios

Puntuación

Oferta económica

Intervencións non programadas de servizo

Plan de traballo e prestación do servizo

Melloras

0-45

0-5

0-45

0-5

4. Orzamento base de licitación: Importe neto: 313.229,75 € sen IVE; importe do IVE: 65.778,25 €; orzamento total con IVE: 379.008,00 €.

5. Garantías exixidas.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: ver punto 6.8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio do contrato no DOG e antes das 14.00 horas.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Hospital da Costa (ver punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura do sobre C.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Hospital da Costa, r/ Rafael Vior, s/n.

b) Localidade e código postal: 27880 Burela (Lugo).

c) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante
www.sergas.es e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

9. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario. Ver punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Outras informacións: ver pregos.

Burela, 11 de outubro de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos