Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2013 pola que se anuncia a formalización do contrato de subministración e instalación dun sistema de xestión de colas de espera cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2013-041.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación dun sistema de xestión de colas de espera cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

c) CPV: 32420000-3.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 27.8.2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 75.000 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 75.000 €.

b) Importe total: 90.750 €.

6. Financiamento.

Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13; e nun 20 % con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro, da Comisión, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro, da Comisión.

8. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 25.10.2013.

b) Data de formalización do contrato: 31.10.2013.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 52.918,19 euros. Importe total: 64.031,01 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2013: 57.627,91 €.

Exercicio 2014: 6.403,10 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2013

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable