1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Número de expediente: 2013-039.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento da plataforma de intercambio de información cos sistemas económico-financeiros e tributarios, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).
c) CPV: 72212000-4.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 27.8.2013.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 95.000 €.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 95.000 €.
b) Importe total: 114.950 €.
6. Financiamento.
Esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13, e nun 20 % con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro, da Comisión; e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro, da Comisión.
7. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 25.10.2013.
b) Data de formalización do contrato: 31.10.2013.
c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.
d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 70.300 euros. Importe total: 85.063 euros, distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2013: 51.037,80 €.
Exercicio 2014: 34.025,20 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.
Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2013
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable