Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44848

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación por procedemento aberto das obras de mellora e ampliación de instalación do parque central de bombeiros de Teis.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Bombeiros. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 3092-213.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: mellora e ampliación das instalacións do Parque Central de Bombeiros de Teis do servizo de extinción de incendios do Concello de Vigo. c) División por lotes e número de lotes: non se fixan. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: 7 meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 1.295.188,86 € (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: si, grupo C, subgrupo 4, categoría e. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6) das follas de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 13 días seguintes ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 13 de novembro de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación