Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (106/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 106/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Elisa Lodeiro Vázquez contra a empresa Ofir Inversiones, S.L. e Kotlas, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, trinta e un de xullo de dous mil trece.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Aprobar a avinza alcanzada entre as partes neste procedemento.

– E arquivar as presentes actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que lle sirva de notificación a Ofir Inversiones, S.L. e a Kotlas, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013

A secretaria xudicial