Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44741

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por José Francisco Olea Parejo.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 240/2013 IN (procedemento ordinario), interposto por José Francisco Olea Parejo contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición presentado contra a Resolución do 30 de abril de 2013 (DOG do 14 de maio), da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área do Servizo Galego de Saúde.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de cinco días, de conformidade co previsto no artigo 116.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos