Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44737

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2013, da Xerencia da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de supervisor/a de unidade no Hospital da Costa.

Convocada por Resolución do 10 de xuño de 2013 (DOG nº 139, do 23 de xullo), a provisión de dous postos de supervisor/a de unidade para o Hospital da Costa, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas no artigo 3 da referida orde e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos de supervisor/a de unidade para o Hospital da Costa.

Segundo. Nomear, para os diferentes postos, as persoas que se indican no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días seguintes ao da publicación.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde o no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisorio ou comisión de servizos.

Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Sergas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Burela, 4 de outubro de 2013

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto: (S-A2-03) supervisor/a da Unidade de Reanimación.

Nome e apelidos: Mª Teresa Roldán Darriba.

Posto: (S-A2-03) supervisor/a da Unidade Xeral.

Nome e apelidos: Mª Carmen Louzao Rodríguez.