Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo de organización, control e tratamento da información xerada polos informes preliminares de solos e informes de situación de solos e asistencia técnica no proceso de xestión das localizacións potencialmente contaminadas.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 7/2013 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19075

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de organización, control e tratamento da información xerada polos informes preliminares de solos e informes de situación de solos e asistencia técnica no proceso de xestión das localizacións potencialmente contaminadas.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90522000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Valor estimado do contrato: 1.874.613,06 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 937.306,53 €. Importe total: 1.134.140,90 €.

6. Financiamento: cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3 (ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos), tema prioritario 44 (xestión dos residuos domésticos e industriais).

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 24.9.2013.

b) Data de formalización do contrato: 22.10.2013.

c) Adxudicataria: Applus Norcontrol, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 936.088,00 €. Importe total con IVE: 1.132.666,48 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas