Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 19 de novembro de 2013 Páx. 44778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas en recursos administrativos (expediente RA/VI/2012/00456 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas nos recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo sinalado no anexo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Núm. recurso

Núm. expediente

Recorrente/Interesado

Resolución do recurso

Recurso contencioso-administrativo perante o:

RA/VI/2012/00456

C09-RS-0633/12

Roberto Luis Rey García

Desestimatoria

Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela

RA/VI/2012/00457

C09-RS-0635/12

Ramón García Mato

Desestimatoria

Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela

RA/AG/2013/00009

DH.D15.28624

Mercedes Rodríguez Fafián

Desestimatoria

Xulgado Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela