Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44576

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2013 pola que se convoca un curso sobre actuación policial ante o consumo de alcohol en espazos públicos e por menores.

Dentro das actividades programadas para o ano 2013, en virtude do convenio de formación asinado entre a Academia Galega de Seguridade Pública e a Deputación Provincial de Ourense, anúnciase a convocatoria dun curso sobre actuación policial ante o consumo de alcohol en espazos públicos e por menores:

1. Datos da actividade.

– Denominación: actuación policial ante o consumo de alcohol en espazos públicos e por menores.

– Tipo: curso.

– Horas lectivas: 20.

– Modalidade: presencial.

– Obxectivos:

• Tentar dotar os policías locais dun maior nivel de coñecementos, habilidades e destrezas axeitados ao perfil que a sociedade actual require e demanda dos axentes e corpos de seguridade.

• Estudar a normativa legal aplicable a nivel estatal, autónómico e local, sobre consumo de alcohol en espazos públicos e por menores.

• Coñecer e estudar as pautas e técnicas de intervención policial ante situacións de consumo de alcohol por menores en locais e espazos públicos.

• Analizar os factores de risco e de protección sobre o consumo de alcohol por menores e fomentar a intervención e a coordinación policial para afrontar este fenómeno social.

– Contido:

1. Introdución.

1.1. Lexislación aplicable. Normativa autonómica e local.

1.2. Características específicas deste colectivo.

1.3. Venda de alcohol a menores.

2. Visión multipolar.

2.1. Técnicas de prevención.

2.2. Experiencias municipais de referencia na prevención.

2.3. Discotecas light, botellódromos e o mercado da hostalaría dirixido a este colectivo.

2.4. Propostas para discutir e valorar.

3. Factores de risco e factores de protección.

3.1. Tipos de factores de risco.

3.2. Tipos de factores de protección.

3.3. Análise de factores.

4. Políticas de prevención.

4.1. Modelos de prevención.

4.2. Actuacións preventivas.

5. Intervencións policiais.

5.1. Competencias legais.

5.2. Actuación das unidades especializadas.

5.3. Medidas de seguridade.

5.4. Controis de alcoholemia.

5.5. Medidas policiais de protección.

6. Recursos e técnicas para afrontar esta problemática.

7. Coordinación de actuacións policiais.

8. Consecuencias sociais, sanitarias e xurídicas.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

– Destinatarios/as: persoal ao servizo da Administración local pertencente aos corpos de Policía Local e, de xeito complementario, membros das forzas e corpos de seguridade do Estado.

– Prazas ofertadas: 30 prazas.

Reservarase o 50 % das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 37.bis da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.

– Publicación: esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense.

3. Solicitudes de participación.

– Prazo de inscrición e presentación: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 20 de novembro de 2013.

As solicitudes de participación e documentación complemetaria que se exixan deberán remitirse por escrito ao Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense:

• Por correo electrónico: formacion@depourense.es

• Por correo: Deputación Provincial de Ourense-Negociado de Formación. Rúa do Progreso, 30, 2º, 32003 Ourense.

• Ou presentando a documentación no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Ourense.

– Listaxe de solicitudes seleccionadas: a lista de seleccionados en cada curso exporase oficialmente no taboleiro de anuncios do Negociado de Formación da Deputación Provincial de Ourense, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, e, ao mesmo tempo, os peticionarios poderán obter información sobre a súa admisión chamando ao teléfono 988 38 51 42 ou consultando na páxina web www.depourense.es

– Criterios de selección:

a) Menor número de cursos realizados polo/a alumno/a solicitante nos últimos cinco anos, segundo consten nas bases de datos da academia, e non ter feito con anterioridade o curso que se convoca.

b) A igual número de cursos terá preferencia o alumnado que leve máis tempo sen participar nas actividades da academia.

c) Antigüidade:

– Obrigas das persoas seleccionadas: as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia cando menos con 48 horas de antelación ao comezo desta.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúnan os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

4. Desenvolvemento da actividade.

– Lugar: o curso impartirase nas aulas de formación da Deputación Provincial de Ourense.

– Horario: das 16.15 ás 20.15 horas.

– Data de comezo: 25 de novembro de 2013.

– Data de remate: 29 de novembro de 2013.

– Certificado de asistencia: ao remate da actividade entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

5. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado pola Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 12 de febreiro).

6. Modificacións e incidencias.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Deputación Provincial de Ourense poderán modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 8 de novembro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública