Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44667

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Piragüismo

ANUNCIO de modificación de estatutos.

Aprobada a modificación de estatutos en Asemblea Xeral extraordinaria da Federación Galega de Piragüismo, do 13 de abril de 2013, e posterior emenda, por parte da Comisión Delegada da FGP con data do 28 de xuño de 2013, dos erros detectados pola Secretaría Xeral para o Deporte, para adaptación á Lei 3/2012, do deporte de Galicia, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do 24 de xullo de 2013 e comunicada a esta federación con data do 2 de agosto de 2013, procédese ao anuncio da modificación dos artigos 1, 2, 5, 9, 15, 53, 78, título VIII, título IX e adición do título X, e deposítase copia íntegra deles no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia e na Secretaría Xeral para o Deporte.

Pontevedra, 25 de outubro de 2013

José Alfredo Bea García
Presidente da Federación Galega de Piragüismo