Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 28 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación da resolución do expediente de extinción da autorización de instalación e localización HO0730024-24/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do expediente de extinción da autorización de instalación e localización, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, situado na avenida da Habana, núm. 79, 2º (Ourense), para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Ourense, 28 de outubro de 2013

Luis Menor Pérez
Xefe territorial accidental de Ourense

ANEXO

Expediente: HO0730024-24/13.

Nome e apelidos: Recreativos Poli, S.L.

NIF: B322023269.

Establecemento: Sayfe.

Último enderezo: r/ Pena Trevinca, nº 31, 1º dereita.

Data resolución: 30.9.2013.

Resolución: extinción da autorización de instalación e localización O35145B.