Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de servizos de xestión dos fondos bibliográficos con destino ás bibliotecas públicas de Galicia, así como doutro material dependente desta consellería.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: xestión dos fondos bibliográficos con destino ás bibliotecas públicas de Galicia, así como doutro material dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, depositados nun almacén do polígono do Tambre, en Santiago de Compostela

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2016, sen posibilidade de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 140.495,87 €.

IVE (21 %): 29.504,13 €.

Importe total: 170.000,00 €, IVE incluído.

Anualidades (IVE incluído):

2014: 50.000,00 €.

2015: 60.000,00 €.

2016: 60.000,00 €.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19831

Información de índole administrativa 981 54 48 71.

Información de índole técnica 981 54 48 10.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Solvencia técnica específica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na Sala de Xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria