Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 58.1 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución da Secretaría Xeral de Cultura da Orde do 28 de maio de 2013.
Faise saber que o interesado poderá interpoñer postestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de optar polo recurso de reposición non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013
Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura
Anexo
Entidade: Santiago de C.A. Internacional Editores (SCQ).
Enderezo: rúa da Riga, 4, 2º B, 15708 Santiago de Compostela.
Núm. expedientes: CT221C 2013/27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35 e 36.
Data da resolución: 15 de outubro de 2013.
Motivos da non concesión da subvención: artigo 5 da Orde do 28 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.