O 2 de outubro de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2013214TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Coruña a Manuel Sanmartín Bocelo, como titular do establecemento Café Bar Subway.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Manuel Sanmartín Bocelo, como titular do establecemento Café Bar Subway, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia conta contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 2013214TA-CO.
Denunciado: Manuel Sanmartín Bocelo, como titular do establecemento Café Bar Subway.
DNI/CIF: 32642702K.
Último enderezo coñecido: rúa Nicomedes Pastor Díaz, 7, 5º, 15006 A Coruña
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: artigos 7.u), 19.3.b) e 20.1 da Lei 28/2005.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 601 €.