Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto harmonizado e criterio de prezo, do servizo de transporte para os escolares participantes no programa Xogade (xogos galegos deportivos en idade escolar), curso 2013/14.

Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 213, do 7 de novembro de 2013, procede realizar a seguinte corrección:

No punto 3, páxina 43615 da citada resolución, onde di: «Prazo de execución: durante a duración do Programa Xogade (9 meses), organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte, durante o curso 2012/13», debe dicir: «Prazo de execución: durante a duración do Programa Xogade (9 meses), organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte, durante o curso 2013/14».

A rectificación efectuada non implica o inicio dun novo cómputo para a presentación de ofertas, dado que a modificación non afecta elementos básicos do contrato.