Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expedientes OU-108/2013 RE e OU-134/2013 RE).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 25 de outubro de 2013

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-108/2013 RE.

Denunciado: Hugo Renato dos Santos Francisco.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-134/2013 RE.

Denunciado: Razvan Roua.

Acto notificado: acordo de incoación.