Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2013 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación dun servizo de vixilancia e seguridade do edificio sede do Valedor do Pobo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Valedor do Pobo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Valedor do Pobo.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade do edificio sede do Valedor do Pobo.

c) Prazo de execución/entrega: dous (2) anos.

d) Admisión de prórroga: por períodos anuais e cun máximo doutros dous (2) anos.

e) CPV: 79713000-5 e 79714000-2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: os establecidos no parágrafo N da carátula do prego de cláusulas administrativas particulares

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 149.090,92 €, IVE (21 %) 31.309,09 €, importe total: 180.400,01 €.

Valor estimado: 149.090,92 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención da documentación e información:

a) Entidade: Valedor do Pobo.

b) Domicilio: rúa Hórreo, 65, 15700 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 56 97 40.

d) Telefax: 981 57 23 35.

e) Correo electrónico: valedor@valedordopobo.com

f) Data límite da obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/ resultado.jsp?N=19752

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o Rexistro do Valedor do Pobo (rúa Hórreo, 65, 15700 Santiago de Compostela); poderanse enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 57 23 35).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura de proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: Valedor do Pobo, rúa Hórreo, 65.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15700.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións:

a) Información relativa ás condicións de subrogación nos contratos de traballo (anexo I do prego de prescricións técnicas).

b) Obriga dos licitadores de atoparse inscritos no Rexistro de Empresas de Seguridade do Ministerio do Interior.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2013

José Julio Fernández Rodríguez
Valedor do Pobo en funcións