En cumprimento do disposto no artigo 28 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, esta dirección dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 31 de outubro de 2013, que a seguir se transcribe:
«Declarar festas de Galicia de interese turístico, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, as seguintes:
• Festa do San Martiño, que se celebra o 11 de novembro, no concello de Moaña (Pontevedra).
• Belén Artesanal en Movemento, que se celebra desde o primeiro domingo de decembro ata o segundo domingo de xaneiro, no concello de Valga (Pontevedra)».
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia