Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44176

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 22 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan para vinculación temporal, por concurso de méritos, prazas de diversas especialidades de persoal licenciado sanitario.

A Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 168/2010, de 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro) polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria para a vinculación temporal, por concurso de méritos, de diversas prazas de licenciado sanitario, reflectidas no anexo.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (Hospital A Coruña, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña) así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión integrada da Coruña, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) e no «Espazo do profesional».

A Coruña, 22 de outubro de 2013

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Prazas vacantes convocadas

Especialidade

Nº vinculación

Análises clínicas

3

Anatomía patolóxica

4

Anestesioloxía e reanimación

5

Cirurxía cardiovascular

2

Cirurxía ortopédica e traumatoloxía

3

Cirurxía plástica, estética e reparadora

3

Dermatoloxía médico-cirúrxica e veneroloxía

1

Endocrinoloxía e nutrición

2

Farmacia hospitalaria

1

Hematoloxía e hemoterapia

2

Inmunoloxía

1

Medicina física e rehabilitación

2

Medicina interna

3

Microbioloxía e parasitoloxía

1

Neurofisioloxía clínica

2

Oftalmoloxía

2

Otorrinolaringoloxía

3

Pediatría e áreas específicas

4

Radiodiagnóstico

2