Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprazáse a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer, 2, piso 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 9 de outubro de 2013
Luis G. Eirís Puñal
Xefe de Área Provincial da Coruña
ANEXO
VP-C 24/12.
Denunciada: Eulogia Álvarez Muíños.
Acto notificado: resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.